Heroes de Casaldeirigo

Benvido/a batalleiro/a! 

Presentámonos: somos a Asociación Cultural Heroes de Casaldeirigo, unha asociación sen ánimo de lucro que recrea, ano tras ano, a batalla dos nosos antepasados contra o exército francés de Napoleón. 

Sí, como les, os nosos antepasados, veciños da aldea de Casal do Eirigo, loitaron polas súas terras no ano 1809 contra o gran exército de Napoleón, queres saber se gañamos? Pois contámosche a nosa historia: 

Baixo os outeiros do monte Xesteiras, nas inmediacións da Capela da Saúde, o exército galego, auxiliado polos campesiños do lugar, armados coas súas rudimentarias armas e con máis ganas que posibilidades, libraron unha cruel batalla, corpo a corpo, coas tropas napoleónicas invasoras. "Chuzos" e "galletas" contra sabres e fusís; David contra Goliat; labradores contra soldados franceses profesionais. Esta foi a esencia da batalla de Casal do Eirigo. Malia non alcanzar a vitoria completa, os campesiños si lograron facer recuar aos franceses, o que soubo a triunfo.


Contacto

Casal do Eirixo, Valga

heroescasaldeirigo@gmail.com

¿Que representa a batalla de Casaldeirigo?

Xuntanza
Historia
Música
Entretemento

Preguntas frecuentes

1. Cando se celebra a Batalla de Casaldeirigo 2024?

Moi pronto anunciaremos as datas da Edición 2024, esperámosvos nos redores da Capela da Saúde de Casaldeirigo!

2. Como podo participar?

É moi fácil! Só tes que enviar un email ao seguinte enderezo: heroesdecasaldeirigo@gmail.com e estaremos encantados de falar contigo!

3. É un espectáculo apto para nenos?

Os nenos son os grandes benvidos da batalla. É unha oportunidade para eles de vivir de primeira man unha clase de historia mentras o pasan ben e disfrutan das actividades que propoñemos todos os anos para os máis peques da casa. 

Asociación Cultural Heroes de Casaldeirigo
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar